O PSOE do Irixo critica a falta de axudas da Xunta para o municipio

O voceiro socialista na Corporación de O Irixo, Javier Rodríguez, calificou de 'vergoñenta' a actitude do alcalde, Manuel Penedo, do PP, á hora de non esixir da Xunta 'unha decisión definitiva' encol da ubicación no municipio da planta de tratamento de residuos para o sur de Galicia.
O edil do PS deG-PSOE suliñou que 'unha vez esgotado o mandato de Núñez Feijóo, o alcalde di que sigue sin saber nada do tema e non é capaz de poñerse do lado dos veciños, que maioritariamente rexeitan a incineradora'.Javier Vázquez apunta que 'é lóxico que non reciba comunicación da Xunta, xa que nestes últimos 25 anos non recibiu ningunha subvención dela', agás un obradoiro de emprego.

Pola súa banda, Manuel Penedo manifestou que 'nótase que o concelleiro socialista xa está en precampaña, e por iso non lle vou respostar nada'. O rexedor 'popular' engadiu que 'xa hai bastantes enfrentamentos entre os veciños polo tema da incineradora para que, nestes intres, aínda lle botemos máis leña ó lume'.

Te puede interesar