O PSOE galego critica que o PP pida a baixada do IVE do peixe

A voceira de pesca do Grupo Parlamentario Socialista Patricia Otero critica que “os gobernos do Partido Popular foron os que subiron o IVE de moitos bens básicos, negándose a baixar sempre o do peixe e lembra que o candidato socialista Jose Ramón Gómez Besteiro propuxo a creación dun organismo semellante ao Fondo de Regulación e Organización do Mercado para o consumo de peixe e aumentar o seu valor, medida que foi eliminada co goberno de Rajoy no 2012”.

Así o explica logo das declaracións do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a La Región nas que sinalaba que “baixar o IVE do peixe dobraría o consumo e xeraría máis emprego”. Otero salientou que xa se leva anos arrastrando esta suba “sen que a Xunta consiga facer nada efectivo e reprende que o conselleiro do Mar descubra agora a realidade da caída do consumo de peixe cando non é ningunha novidade e levan anos sen adoptar medidas que melloren a situación dedicándose a  buscar sempre culpables de todos os males noutras latitudes”.

Solucións

A deputada sinalou de que o goberno galego non parece ter interese por buscar solucións de calado ”para promocionar o consumo do peixe nin para atallar a alarmante situación da caída de produción marisqueira das nosas rías o que amosa un Alfonso Rueda incapaz de solventar os problemas do sector pesqueiro”.

Te puede interesar