agricultura

O PSOE reclama no Parlamento medidas contra a praga da pataca

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciaba, pola súa parte, que incluirá este problema na orde do día do Consello Agrario Galego, convocado para o próximo 14 de febreiro.

O grupo parlamentario do PSOE presentou unha iniciativa, no Parlamento Galego na que insta a Administración a adoptar medidas para frear a progresión da praga da 'polilla guatemalteca', que está a afectar a prantacións das provincias de Lugo e A Coruña e impedir que chegue as grandes zonas productoras, como é o caso da comarca da Limia.

O portavoz socialista de Agricultura no Parlamento galego, José Antonio Quiroga, presentou varias iniciativas parlamentarias, coas que reclama "un plan de actuación e axudas para os afectados e información para todos". Quiroga denuncia a"miopía institucional" diante desta praga e critica a lentitude administrativa, que "é a mellor axuda" para unha especie invasora agresiva como esta.

O portavoz socialista chama ao Goberno galego a que "tome a bandeira da loita contra esta especie, diante da pasividade do Executivo central". Por iso, reclámalle que poña en marcha un plan de investigación coa Universidade e os centros de investigación que considere oportuno para desenvolver medidas axeitadas para controlar e erradicar a praga.

Consello Agrario

O Sindicato Labrego Galego (SLG) anunciaba, pola súa parte, que incluirá este problema na orde do día do Consello Agrario Galego, convocado para o próximo 14 de febreiro. Considera o SLG que a Consellería de Medio Rural "segue de brazos cruzados nun problema que xa afecta aos cultivos de pataca de 31 municipios" a censura "a confusión total" que está a xerar a súa pasividade á hora de abordar este problema.

Te puede interesar