DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queremos Galego pide “normalidade plena"

Ourense. 12-05-2016. Presentación Campaña Queremos Galego. Manuel Carnicero, Xosé Lois González. Paz
photo_camera Manuel Carnicero e Xosé Lois González, da plataforma Queremos Galego.

A plataforma organiza hoxe un roteiro" poético no que se lerán poemas do escritor Manuel María

A plataforma Queremos Galego celebra hoxe en Ourense o Día das Letras cun roteiro poético polo Casco Vello no que se lerán poemas do escritor Manuel María, homenaxeado este 17 de maio. O itinerario comezará ás 20,00 horas no Liceo, coa proxección de "Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra", de Margarida Ledo. Tras varias paradas, o percorrido rematará diante do Concello. "Non é unha coincidencia; queremos protestar contra o deslexo do goberno municipal do PP diante da lingua en todos os ámbitos da vida municipal", explicou o responsable do colectivo, Manuel Carnicero. O programa deste ano é especial "porque se cumpren 100 anos da fundación das Irmandades da Fala", destacó.

O portavoz da plataforma en Ourense, Xosé Lois González "O Carrabouxo", insistiu en que "o que pedimos é normalidade plena para a nosa lingua, vetada pola lexislación do Partido Popular". Baixo o lema "O idioma é a vida", protestarán pola "exclusión do galego nas administracións e nos grandes sectores económicos e a represión á que están sometidos os seus traballadores".

Te puede interesar