Presentou a súa novela 'A vida que non é'

Rafael Laso: 'A literatura é a miña afición, non pretendo vivir dela'

Rafael Laso. (Foto: Miguel Angel)
O ourensán Rafael Laso presentou oute a súa terceira novela ‘A vida que non é’, unha historia con moitos personaxes marcada pola procura da sorte e da morte.
Para un amante da literatura coma el, facerse co galardón do certame de narrativa Pura y Dora Vázquez da Diputación de Ourense no ano 2005 abriulle as portas para unha estreita vinculación co mundo las letras. O ourensán Rafael Laso obtivo o premio coa súa primeira novela ‘¿Por que Baldomero Quintiáns’ e onte no Centro Cultural da Deputación presentaba públicamente a súa terceira obra longa ‘A vida que non é’.

¿Como definiría este novo traballo?

‘A vida que non é’ é unha novela coral porque recolle moitos personaxes, se ben a historia ten como protagonistas a unha muller, un emigrante, un médico, un pintor e un escultor que é o narrador dunha historia xungida por un algo común entre todos eles: unha casa nun barrio maldito e a procura da sorte e a morte, que é unha constante en toda a novela e en todos os personaxes.

¿Que supuxo para vostede a premio Pura e Dora Vázquez?

Este premio, que recibín no ano 2005 pola obra ‘¿Por que Baldomero Quintiáns?’, permitiume publicar a miña primeira novela e ser coñecido. Tras esa veu o meu segundo traballo ‘Memoria contra o alzheimer’ e agora teño xa a terceira novela. Ademais, escribín tamén unha narrativa máis curta, ‘Un soño de mil dólares’, e pretendo sacar outra polo Día das Letras Galegas.

¿Pensou xa no salto a poesía?

A verdade e que a día de hoxe non. Eu son máis de narrativa porque é un xénero que me permite expresar mellor as miñas ideas.

¿Pódese vivir da literatura en Galicia?

En Galicia é imposible, son moi pouquiños os escritores que poden vivir exclusivamente desto. Pero o certo é que eu tampouco o pretendo. Para min é unha afición, tanto escribir como ler.

Te puede interesar