Reboredo aposta polas enerxías renovables

Placas solares en Reboredo.
photo_camera Placas solares en Reboredo.
 Esta iniciativa “continúa un proceso de transformación para convertela nunha aldea do século XXI”, sinala o alcalde Luis Menor. As obras no lugar de Reboredo realízanse grazas as axudas destinadas pola Xunta á mellora das aldeas modelo.

O Concello de Pereiro vén de executar obras no lugar de Reboredo grazas as axudas destinadas pola Xunta á mellora das aldeas modelo. Esta iniciativa “continúa un proceso de transformación para convertela nunha aldea do século XXI”, sinala o alcalde Luis Menor. A mellora na rede viaria, da renovación e ampliación de servizos básicos e, sobre todo, a aposta pola eficiencia enerxética “supoñen a transformación da aldea nun exemplo de modernidade e mellora das condicións de vida dos seus veciños”, asegura o rexedor deste municipio da área metropolitana.

Este ano presenta como novidade que, ademais da eficiencia enerxética (alumeado público), “dáse un paso pola sostibilidade, apostando pola xeración de enerxía limpa o que, sen dúbida, supón unha mellora moi clara e un modelo para outros lugares”.

“Fase a fase, o proxecto de mellora integral  da mesma é unha realidade: prevención de lumes, aproveitamento gandeiro e melloras urbanísticas e de servizos que fan de Reboredo un lugar cada día mellor”, engade.

Te puede interesar