SOLIDARIO

As Rebuldeiras de Cenlle donan o recadado coas súas pulseiras

As pulseiras elaboradas pola asociación As Rebuldeiras de Cenlle.
photo_camera As pulseiras elaboradas pola asociación As Rebuldeiras de Cenlle.
A Asociación Sociocultural As Rebuldeiras de Cenlle fixo entrega da recadación obtida pola venda de pulseiras solidarias ao longo do ano a favor da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense

As Rebuldeiras recadaron uns 606 euros, os cales serán destinados ao programa Contra o Cancro Ourense: “Axudas económicas para situacións de emerxencia social de toda a provincia de Ourense”.

As representantes da asociación sociocultural fixeron entrega do cheque de recadación a asociación, quen expresou o seu agradezemento “pola implicación da nosa sociedade, neste caso, con As Rebuldeiras de Cenlle pola venda de pulseiras solidarias, as cales veñen sumarse a todas esas accións que se fan externamente á nosa asociación e van destinadas a axudar a pacientes oncolóxicos en situacións de emerxencia social. Animamos a todos a participar e axudar para chegar ao noso obxectivo, que ningún/a paciente oncolóxico deixe de loitar con todas as ferramentas posibles fronte á enfermidade”.

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) é a entidade de referencia na loita contra o cancro desde hai 70 anos. Dedica os seus esforzos a mostrar a realidade do cancro en España, detectar áreas de mellora e poñer en marcha un proceso de transformación social que permita corrixilas para obter unha abordaxe do cancro integral e multidisciplinar. A asociación integra a pacientes, familiares, persoas voluntarias e profesionais que traballan unidos para previr, sensibilizar e acompañar as persoas afectadas.

Te puede interesar