Abrangue dez príncipios básicos que o candidato do Partido Popular se compromete a cumprir nos vindeiros catro anos

Rosendo Fernández asina un 'Contrato con Ourense'

Rosendo Fernández, co contrato que asinou cos ourensáns. (Foto: JOSÉ PAZ)
Rosendo Fernández, candidato do PP á alcaldía de Ourense sinou públicamente onte pola mañá un 'contrato' coa cidade de Ourense. Para a sinatura Rosendo Fernández elexiu un dos enclaves máis representativos da cidade, As Burgas, nun acto no que estiveron presentes membros da súa candidatura, así como o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar.
No devandito documento, o candidato do PPdeG concreta os 10 grandes eixos irrenunciables sobre os que xirará a súa xestión á fronte do Concello de Ourense para os vindeiros catro anos.

Emprego, Benestar Social, Infancia, Termalismo, Integración da Alta Velocidade, Promoción Económica, Menos Impostos, Austeridade, Cooperación e Ourensanía son os 10 principios básicos deste contrato que Rosendo Fernández asinou para os vindeiros catro anos 'que me obrigo a cumprir, xunto co meu equipo de goberno, desenvolvendo as nosas funcións coa máxima responsabilidade', recalcou o candidato popular trala sinatura do documento, ao que calificou de 'irrenunciable compromiso político e persoal coa cidadanía do Concello de Ourense'.

Te puede interesar