PROGRAMACIÓN

Rozalén presentará este domingo o seu novo traballo no Auditorio

A artista pechará unha semana na que tamén haberá teatro e o concerto de Silvia Alonso

O Auditorio Municipal acolleu este mércores a presentación do concerto de Rozalén, que terá lugar neste mesmo espazo o domingo ás 20 h. Rozalén, visita Ourense na xira do seu segundo disco “Quién me ha visto...”, e que vén a consolidar a traxectoria desta albaceteña comprometida que desde o 2013 xa leva más de 200 corcertos repartidos por España, Chile, Arxentina, Perú ou México.

No acto, estiveron a Concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o técnico de Cultura, Manuel Freire e o responsable de Escena Sonora, empresa encargada da organización do espectáculo, Jose Freiria.

Rozalén virá acompañada coa súa banda habitual que inclúe a cinco músicos e a unha intérprete de lingua de signos.

Máis programación para estes días

A maiores desto, o Auditorio converterase este xoves a partir das 20.30 h en anfitrión de luxo do espectáculo “Feminino Singular”, da compañía Inconstantes teatro. Feminino Singular, pretende reflexionar sobre as mulleres hoxe, desde si mesmas, cos homes como tear de fondo, como suxeito elíptico, coas súas caras, os seus actos, con todo o que evidencia que os homes son circunstancia necesaria, inevitable nesta proposta, pero a súa presenza física é eludible: non necesariamente mala.

O sábado será o turno da cantante Silvia Alonso, que presenta o traballo “ICONS”, pretende render tributo a grandes vocalistas da músicas como foron Elvis Presley, Frank Sinatra ou Aretha Franklin. Será ás 20 h.

Xa por último, o domingo temos unha nova cita coa programación infantil, esta vez baixo o título “O segredo do tendal”, dirixida a público de máis de 3 anos.

Todas as entradas están á venda en www.ataquilla.com ou no teléfono: 902 504 500, nas billeteiras do Auditorio (dúas horas antes do comezo) e a Sede de Afundación, na Praza Maior, n. 4 (Luns a venres de 9 h. a 14 h. e de 17.30 h. a 20.30 h. Sábados e domingos de 12h. a 14 h. e de 17 h. a 20.30 h.)

Te puede interesar