Crisis del coronavirus

“A saída dos nenos á rúa sería un alivio para todos"

A psicóloga Victoria Canosa.
photo_camera A psicóloga Victoria Canosa.

O debate segue aberto: cada vez son máis as voces que demandan que os nenos podan saír á rúa  durnte curtos espazos de tempo. A psicologa Victoria Canosa, que traballa no Centro Médico Progreso e é especialista de referencia do Centro Médico El Carmen, analiza esta situación que prolongará o encerro dos máis cativos.

En que beneficiaría aos nenos saír á rúa?
É algo bo para todos. Os nenos beneficiánse co xogo, ademáis de osixenarse, o que hoxe non é posible para eles. Todo esto vai repercutir en prol do seu desenvolvemento. Os nenos levan moito tempo pechados e poden aparecer síntomas de máis cansazo, inquietude ou ansiedade. As emocións fanse máis intensas a estas alturas e entra dentro do normal. Os adultos teñen que facer un esforzo extra para resolver os momentos nos que se presentan estas emocións nos cativos. O feito de poder saír un pouco, de maneira responsable e supervisada, vai a ser un alivio para todos e levar mellor a situación. 

 Como se pode xestionar o prolongado confinamento dos nenos?
Obriga a reinvertarnos. Hai que facer cousas que nin te imaxinabas para paliar as dificultades. As medidas de seguridades son as que son e están para asumilas, a non ser que algún xustificante médico permita saír a determinados rapaces, o groso dos demáis non poden facelo e toca asumilo. Hai cuestións que non podemos manexar, pero podemos decidir a actitude que axuda a que sexa mellor. É bo desenvolver a creatividade como válvula de escape e hoxe dispóñense de moitos recursos coas novas tecnoloxías para sobrelevalo.

Poden aparecer sentimentos negativos sobre a súa crianza?
A situación é complicada para todos, cunha tensión constante. Seguimos coas incertenzas e sabendo que os adultos pódense topar con picos de malestar, habrá que recoñecelos e ver as posibilidades para revertir ese tipo de respostas. Estamos nun bo momento para coñecernos un pouco máis, ver as respostas a determinadas situacións e ter a posibilidade de mellorar as nosas reaccións. A mellor forma de levalo ben cada día é traballándonos, coidándonos a nós e ao noso entorno.

O confinamento, pode pasarlles unha factura psicolóxica?
Entran moitos factores en xogo, dende a súa personalidade, a idade, o carácter e incluso as circunstancias familiares ou demográficas. Nun entorno ben estructurado, seguindo as rutinas normais, adaptándoas a estas circunstancias, a priori non debería supoñer un menoscabo na saúde psicolóxica. Se partimos dunha realidade con fallas pode afectar. Dependendo de cómo as asuman os adultos, así o farán os nenos.

Te puede interesar