ENTREVISTA

Serxio Pazos: "Esta xira recórdame aos meus inicios, foi recuperar o calor da xente do rural"

28.12.12.XINZO.C.CULTURA.SERGIO.PAZOS.
photo_camera Serxio Pazos.

O espectáculo "Afiando con humor", de Sergio Pazos, chega esta tarde ao Principal. A cita é ás 19,00 horas con entrada de balde. O cómico avisa: "Hai que estar dúas horas antes, ata que se encha". É a recta final dunha xira que destila "Ourense" en cada chiste.

O espectáculo "Afiando con humor", de Sergio Pazos, chega esta tarde ao Principal. A cita é ás 19,00 horas con entrada de balde. O cómico avisa: "Hai que estar dúas horas antes, ata que se encha". É a recta final dunha xira que destila "Ourense" en cada chiste.

Que van atopar os ourensáns?
É o espectáculo dun afiador que lle contará a xente quen son os afiadores, de onde veñen e a onde van. A través dese esquema, contarei historias que pasaron aos afiadores de verdade, historias que puideron pasar, historias que lle contaron aos afiadores e historias relacionadas co noso mundo: co rural e ca emigración.

Como foi a xira pola provincia?
Estou encantado porque recuperei a provincia de Ourense. Recordábame un pouco a cando empecei. Durante moitos anos repasamos toda Galicia e todas as vilas imporantes de teatro. Facía anos que non traballaba co monólogo de humor en Galicia.

Reencontrouse cos inicios.
Si. Esta xira é marabillosa porque te leva a Bande, a Xinzo, a Celanova e outros lugares.Aínda nos queda Viana e O Barco. Foi recuperar o calor da xente do campo e do rural, esas terras nas que empecei.

Vai contar historias, pero na xira escoitaría outras...
Si. Hai xente que che conta cousas ou chistes de afiadores que coñecían, ou tras unha das historias che di algo relacionado. Foi unha especie de feedback, de ir anotando .

Así que pode haber segunda parte...
Xa ten pinta de que haxa unha segunda xira. Estiven buscando en libros, recopilando historias . O que fai falla é un pouco de tempo.

Con que historia se queda?
Hai unha moi tenra que ten que ver ca emigración. "A radio de Dora", unha fotografía da que conto o seu orixen no espectáculo. Sácache o lagrimón e dis: como vivimos, como sufrimos, que maneira de ser temos os galegos tan bonita!

E que falla fai o humor, non?
É unha canle que axuda, ainda que haxa cousas tristes, dramatizalas vén ben. Rematamos cun gran número comunal. Van irse co sorriso, seguro. 

Te puede interesar