Francisco Javier Álvarez, Presidente de la Asociación Provincial de Taxistas

'Os taxistas tamén estamos en contacto cos problemas dos veciños de Ourense'

Francisco Álvarez, presidente de la Asociación de Taxistas. (Foto: Xesús Fariñas.)
Despois de case 35 anos como agrupación, a Asociación Provincial de Taxistas de Ourense, con 200 socios de toda a provincia, cambia a ubicación das súas instalacións. O seu presidente, Francisco Javier Álvarez, repasa a situación do sector na actualidade e a nova localización da sede.
Despois de anos en oficinas de aluguer, facíase necesario ter unhas intalacións propias?
Agora estabamos nunha oficina na Estación de Autobuses de Ourense. Pero facíasenos un espazo moi pequeno para realizar reunións cos propios sociados, para levar a cabo firmas de convenios ou calquera necesidade da asociación. Por isto fixemos o cambio.

En que momento se encontra o sector dos taxistas?
Non nos atopamos na mellor época posible, se tivésemos que pór cifras, falaríamos de preto dun 30% menos de traballo, incluso varios asalariados deixaron o posto.

É un transporte asequible?
Tendo en conta o servizo que ofrece, diría que non é caro. Recolle ao cliente onde se lle pida e lévase ata o punto que indica, independientemente da hora que sexa. Con outros transportes públicos depéndese, por exemplo, dos horarios que teñan. O custe do servizo medio pola cidade está en torno aos catro ou cinco euros.

En que traballan para melloraren a calidade?
Hai catro anos, aproximadamente, introducimos o servizo de radio taxi. Ademais, aumentamos o número de paradas e hai pouco que tamén se unificaron e melloraron as cabinas de teléfono.

Son cuestións coas que non nos costa nada colaborar, e cas que queremos mostrar que os taxistas tamén estamos en contacto permanente cos problemas polos que pasasan os veciños de Ourense, mostrar a imaxe máis humana do taxi.

Te puede interesar