Cine

O Teatro Principal acolle hoxe a estrea do filme “Cuñados"

No evento estarán presentes, entre outros, os actores protagonistas Xosé A. Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira

O Teatro Principal acolle na tarde de hoxe a estrea de "Cuñados", primeira longametraxe da produtora galega Portocabo e ópera prima do director Toño López. Ademáis, conta con algunhas das caras máis recoñecidas do audiovisual galego. Esta obra cinematográfica, unha comedia sobre as peripecias de tres cuñados "unidos polo azar", xa tivo a súa primeira presentación internacional no Festival de Berlín. 

Agora, antes da súa chegada ás salas, Ourense acolle a súa "premier" mundial nun evento no que se contará con institucións, colaboradores e gran parte do equipo, como son o produtor Alfonso Blanco, o director Toño López e os protagonistas Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández e Iolanda Muíños, entre outros.

Tamén estarán presentes o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Te puede interesar