premio

Trasalba entrega o seu premio á poesía de Luz Pozo Garza

Xose Luis Saco e Afonso Vázquez-Monxardín, durante o acto de presentación do Abril Oteriano.
photo_camera Xose Luis Saco e Afonso Vázquez-Monxardín, durante o acto de presentación do Abril Oteriano (LUIS EIRIZ)

O Abril Oteriano arranca coa presentación dun libro de artigos do escritor ourensán en La Región

Arranca o mes de abril e con el o Abril Oteriano, en homenaxe á figura do escritor ourensán. Nesta cuarta edición do evento cultural, a Fundación Otero Pedrayo entrega o seu premio Trasalba á poeta Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922). "Este é xa o trixésimo séptimo premio que entregamos e decidimos que fóra a Garza por ser a poeta máis importante do panorama lírico galego", sinalou Xoan Luís Saco Cid, presidente da entidade. Luz Pozo Garza foi amiga de Otero Pedrayo -estivo na súa casa varias veces- e adicoulle, trala súa morte, o poema "Consagración de Trasalba", incluído no libro "Códice Calixtino". 


Tres días de festexo


A celebración comeza mañá ás 19,00 horas, no Liceo da cidade, coa presentación do libro "Del Orense antiguo y otras colaboraciónes de Ramón Otero Pedrayo en La Región I (1958-60)" da xornalista Maribel Outeiriño. No acto participará Manuel Baltar, presidenta da Deputación; Xoan Luis Saco e a propia autora. A continuación, realizarase un roteiro literario pola cidade, en compañía dos textos do escritor. 

Xa o sábado, a cita trasládase a Trasalba. Ás 12,00 horas, Afonso Vázquez-Monxardín presenta o "Derradeiro escrito de Otero Pedrayo", a Peza do Mes. Monxardín estará acompañado de Juan Casares, presidente da D.O. Ribeiro. Clodio González e Patricia Arias protagonizan unha mesa redonda sobre a relación entre Otero Pedrayo e Antonio Fraguas -homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2019-. Despois do xantar, o grupo gozará dunha proxección da entrega do premio Trasalba a Xoaquín Lorenzo, comentado por Xosé Lois Carrión, autor da filmación. Ao rematar, María Xosé Fernández, vicepresidenta do Museo do Pobo Galego, falará sobre a relación de amizade entre Xoaquín Lorenzo e Fraguas. O día finaliza cun roteiro literario polo Pazo.

O domingo, os "oterianos" participarán nunha misa na honra de Otero Pedrayo en Santa Eufemia, coa colaboración da Coral De Ruada. A cita remata cunha visita ao cemiterio de San Francisco.


Luz Pozo Garza: "É un pracer recibir o premio Trasalba"


"Recibo o premio coa alegría máis grande do mundo, é un pracer que a través da súa figura tan marabillosa se acorden de mí", sinala Luz Pozo Garza ao outro lado do teléfono. Aínda que estes días a autora, membro da Real Academia Galega, está a espera dunha posible operación dunha perna, non quere perderse a entrega do galardón: "Para o mes de xuño espero estar ben, pero se non irei a saltiños de saltamontes se fai falla".  A poeta, de 96 anos, acaba de publicar "Pazo de Tor", 71 anos despois do seu primeiro poemario: "A miña cabeza non termina nunca e o corazón tampouco, mentres ambos vaian ben seguirei creando". De Otero Pedrayo, ao que coñeceu gracias á súa familia materna ourensá, garda un "boísimo" recordo: "El admiraba moito á nosa familia". 

Te puede interesar