Turgalicia promocionará a Ribeira Sacra como 'lugar único'

A zona da Ribeira Sacra formará parte da lista de 'Dez lugares únicos' que Turgalicia ten previsto poñer en marcha dentro da marca única de turismo 'Galicia, gárdasme o segredo?', presentada pola Xunta de Galicia en decembro do pasado ano.
Lévaa a formar parte desta selecta listaxe o feito de posuír a maior concentración de mosteiros de España e estará acompañada por monumentos como a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou a praia de Rodas, nas Illas Cíes, considerada a máis fermosa. Turgalicia pretende así poñer en valor aqueles recursos turísticos que fan que Galicia ocupe unha situación de privilexio nos eidos estatal e internacional.

A iniciativa 'Dez lugares únicos' forma parte dun proxecto moito máis ambicioso que contempla a creación dunha decena de productos emblemáticos coa finalidade de facilitar a comercialización turística da Comunidade. Deste xeito, o Camiño de Santiago constituirá a oferta estrela da campaña, pero haberá outras nas que a provincia de Ourense terá un lugar destacado. É o caso dos 'Mananciais de Galicia', que promocionará o Turismo de Saúde, un ámbito no que a galega se alza como a oferta senlleira en España.

A provincia tamén contará con presencia no producto 'Paseando entre viñedos', que terá como obxectivo o de englobar os recursos relacionados coa etnogastronomía. Outro dos atractivos turísticos estará formado polos 'Santuarios máxicos' que buscará a comercialización do patrimonio rural, tanto o popular coma o relixioso. A iniciativa de Turgalicia complétase cos productos 'Faros e praias salvaxes', 'A ruta da camelia', 'Turismo mariñeiro', 'Bosques de Galicia' e 'Patrimonio oculto', que buscan diferenciar o potencial galego.

Te puede interesar