As obras de mellora incluiron o soterramento dos colectores de lixo

A verinense Praza da Mercé esconde os cables

Nova imaxe da Praza da Marcé de Verín, trala súa remodelación.
O Concello de Verín finalizou as obras de soterramento das liñas de alumeado eléctrico, canalización subterránea de telefonía, soterramento do servizo de gas e de colectores de lixo, mellora de rede de saneamento, así como a urbanización da praza da Mercé, mediante nova pavimentación e colocación de mobiliario urbano.
Esta actuación enmárcase dentro das accións desenvolvidas polo Concello de Verín dentro do seu plan de protección do casco histórico, que permitiu mellora espazos e equipamentos nas prazas Maior e García Barbón, rúas Merced, Amaro Refojo, Cruz, Pozo, Traviesa, Viriato, Maior, Aduana, Lisa, Olivar e San Lázaro.

As obras efectuadas na praza da Mercé contemplaron as seguintes accións: execución de colectores soterrados para a xestión de residuos de modo diferenciado (dous de material orgánico, un para plástico e outro para vidro, co obxecto de eliminar os colectores en superficie, os malos olores e feísmo dos mesmos), renovación de parte da rede de saneamento e recollida de pluviais, instalación do alumeado público en liñas subterráneas, instalación de boca de rego e enganche da canalización de gas da praza.

Ademais, renovouse o pavimento, unificación a un único nivel das rasantes existentes para eliminar o resalto entre as beirarrúas e a calzada (xa que non cumplían coa normativa vixente e era necesario reducir a altura das beirarrúas e adaptalas as cotas esisixidas para facilitar o acceso por parte das persoas con mobilidade reducida) e incorporación de novo mobiliario urbano (bancos, papeleiras e árbores).

Te puede interesar