O viño do Ribeiro participa no Otoño Enológico de Segovia

A Denominación de Orixe Ribeiro forma parte da programación do Otoño Enológico organizado pola Fundación Caja Rural de Segovia, unhas xornadas centradas no viño como símbolo fundamental e sector estratéxico da economía no país.
A xornada denominada 'Vino y Judería', prevista para hoxe, albergará unha cata con diferentes viños da Denominación de Orixe Ribeiro acompañados por unha parella gastronómica, formada por un petisco con ingredientes tradicionais galegos e outro con produtos máis representativos doutras gastronomías nacionais e internacionais.

A actividade, cun aforo máximo de 80 persoas, terá lugar na Alhóndiga de Segovia, e dará comezo cunha presentación da vila de Ribadavia impartida por un técnico do Concello ribadaviense, dando paso á degustación cos seguintes viños e produtos: viño branco xoven con mexillón en escabeche branco con porro e alga wakame e carpaccio de rape; viño branco fermentado en barrica con queixo San Simón da Costa e ovas de melva afumadas. Ademáis, o tinto armonizarase con xoubas sobre pan de broa e cecina de León. Finalmente, o tostado acompañarase de doces hebreos (de Ribadavia) e queixo Roquefort.

A xornada é aberta ó público, contando tamén coa presenza de autoridades de Segovia.

Te puede interesar