A Asociación Española contra o Cancro en Ourense comezou a impartir un curso de voluntariado, no que ensina a apoiar e axudar ós enfermos de cancro, que están ingresados no CHUO, e ás familias, que os cuidan.

Voluntarios contra o cancro

Voluntarios co 'Carriño don Amable', no CHUO de Ourense.
Un grupo de mozas universitarias, estudantes de Educación Social, comenzaron a recibir formación tralo seu desexo de convertirse en voluntarias da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Ourense. A través deste curso, que deu comezo o pasado martes 30 de outubro, as alumnas, ben por experiencias persoais e familiares ou ben por benevolencia, tratan de adquirir a información necesaria para introducirse no voluntariado do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que acompaña, anima e apoia ós enfermos de cancro e ás súas familias.
Segundo a coordinadora do voluntariado da Asociación de Ourense, Belén Pérez Ramos, na actualidade 'xa hai voluntarios traballando, pero precisamos máis axuda para desenvolver o programa que levamos a cabo no hospital, como o carriño 'Don Amable', co que pretendemos dar apoio ós enfermos oncolóxicos todas as mañás, polo que, en ocasións, o persoal non é suficiente'.

Para ser voluntario, ademais da vontade e o entusiasmo por apoiar ós enfermos, precísase coñecer unha serie de nocións básicas que mostra neste curso, que se prolongará durante dous martes máis. O primeiro que estas mozas deben coñecer é como funciona a asociación, tanto a nivel nacional coma provincial, e os programas e servizos que ofrece en Ourense. Ademais, infórmaselles sobre o Código Europeo Contra o Cancro, que recolle os consellos básicos de prevención contra esta enfermidade e, finalmente, o modo no que deben actuar cando comece o seu labor no hospital.

Este grupo de alumnas afronta coma un reto e con moita ilusión a tarefa que conleva esa humanización do hospital. Terán que aprender a chegar ós doentes mediante o apoio, a compaña e a escoita. Tamén terán que manexar o carriño 'Don Amable', que consiste en ofrecer unha bebida -un café, un té...- como excusa para acercarse ó enfermo e servirlle de punto de información e de desafogo cunha persoa alleao ó proceso que vive no hospital.

Ademais dos propios hospitalizados, os seus familiares contarán tamén coa axuda e apoio dos voluntarios, pois poderán aliviarse con eles, charlar, tomar un café ou mesmo pedirlles que acompañen durante un tempo ós enfermos para poder ir á casa ou facer algún trámite.

Te puede interesar