CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

XESÚS VÁZQUEZ: 'Hai que distinguir ós sindicatos dos mestres, pois estes entenden a situación'

Xesús Vázquez, onte nun acto público en Leiro
O ano escolar comenza marcado polo peche de aulas debido a caída demográfica e o aumento do horario lectivo dos docentes. O conselleiro ourensán Xesús Váquez defende a 'eficiencia' das medidas.
Con que expectativas comeza o curso?
O día 12 estará todo a punto e en Ourense non debería haber ningunha incidencia. Todo comezo é difícil porque supón poñer en marcha unha maquinaria que abrangue moitos aspectos, pero creo que tanto o inicio como o curso irán con total normalidade.

Os profesores entenden a situación perfectamente e hai que distinguir deles a cuestión sindical. Temos uns docentes magníficos, totalmente entregados. Como conselleiro é xusto darlle os parabéns á magnífica comunidade escolar e ós magníficos mestres. Temos un profesorado, non só altamente formado e vocacional, senón tamén cun elevado grao de profesionalidade. Neste contexto, están a entender as circunstancias.

No caso de Galicia o único que estamos facendo é equipararnos a outros lugares, onde incluso se dan pasos máis alá. Por iso facemos un chamamento á responsabilidade, neste caso ós sindicatos, non ó profesorado. En Galicia, o único que estamos tratando é de retomar unha situación que nunca debeu desaparecer. O goberno bipartito adoptou no ano 2007 un acordo que foi unha irresponsabilidade xa nun momento complicado, porque hai que lembrar que daquela a crise xa estaba encima. Por tanto, nós apelamos a esa responsabilidade e facemos un chamamento ós sindicatos.

En ningún momento se procedeu a un peche de aulas. O ano pasado había cinco aulas e este ano volve haber o mesmo número. Estamos actuando en iguais condicións en todo o sistema educativo galego e, dende logo, a nosa obriga está onde existan unhas necesidades. Pero tamén é certo que temos que actuar coa maior eficiencia. O número medio de alumnos nesas cinco aulas é de 19, moi lonxe aínda do que establece a propia LOE, na que se marca un 25%, que se podería incrementar nun 10% en casos excepcionais. Polo tanto, estamos dando unha resposta positiva e cumprindo a normativa vixente.

Te puede interesar