Dibuxante

Xosé Lois González 'O Carrabouxo': ‘Castelao sempre foi para min un referente’

O seu labor no humor gráfico, marcada moi de preto pola retranca galega do seu recoñecido Carrabouxo, acáballe de reportar a Xosé Lois González a Medalla Castelao, que concede a Xunta.
O Consello da Xunta desvelou onte os nomes dos galardoados coas Medallas Castelao 2008. Con estos premios, o Goberno autonómico ven a distinguir a aqueles galegos autores dunha obra merecente de recoñecemento por parte do seu pobo no eido artístico, literario ou de calquer outra faceta da actividade humana. Eso é precisamente o que quixo facer a Xunta co labor desenvolvido dende fai décadas polo ourensán Xosé Lois González, dibuxante de humor, ó que o seu persoaxe de ficción ‘O Carrabouxo’ lle vale tamén o seu apodo. A súa habitual retranca galega marca a este personaxe creado aló polo ano 1982 e vinculado de sempre ás páxinas de La Región.

A Medalla Castelao xa leva o seu nome. ¿Contento? É un premio moi importante sobre todo polo nome da medalla. Castelao sempre foi para min un referente ideolóxico e no mundo do humor porque, sen dúbida, el foi un dos grandes humoristas galegos. Estou moi contento. Eso no quere dicir que o mereza, seguro que hai otras persoas que o merecen máis pero que vaian vindo, que os recoñecementos sempre son ben recibidos.

É unha forma de ser profeta na terra. ¿Gardaba un oco para esta medalla na súas vitrinas? Non o pensei xamais. Facía dous días que sabía que estaba proposto para a Medalla Castelao e só entón pensei que tiña a posibilidade de acadala, pero nunca antes.

O seu personaxe de O Carrabouxo foi animado nunha serie, conta cunha escultura na cidade... ¿Hai recoñecementos de distintas categorías? Todos os recoñecementos teñen a súa importancia porque supoñen que unha serie de xentes de certo nivel político, intelectual ou cultural tiveron en conta o traballo feito por un.

Manter una creación tantos anos non debe ser sinxelo.

Son unha persoa susceptible a facer cambios e procuro actualizarme nos contidos e incluso nas formas. Cando levas tantos anos créase unha afectividade entre o público, incluso unha necesidade. O Carrabouxo é o desaiuno anímico, intelectual de moita xente polas mañás, e esa afectividade fai que che perdoen incluso os chistes malos.


Te puede interesar