A Xunta adxudica por un millón de euros as sendas de Esgos e Pereiro

A Xunta adxudicou onte as obras de execución das sendas peonís das Vendas e Santa Baia, nos concellos de Esgos e Pereiro de Aguiar, por preto dun millón de euros. Esta intervención foi adxudicada á empresa Oresa Construcción y Servicios Globales e iniciarase, previsiblemente, na primeira quincena de setembro, despois de realizar as expropiacións precisas durante este mes de agosto.

Estes novos itinerarios executaranse pola marxe esquerda da vía autonómica OU-536, e sumarán algo máis de 3 kms de lonxitude, ao seu paso por ambos municipios.  A primeira senda, nas Vendas, iniciarase no límite entre os municipios de Esgos e Pereiro, no cruce de Ordelles, transcorrendo logo integramente por este concello de Esgos ata rematar no cruce de acceso á Cabalgada. Será un itinerario de preto de 1 km. A outra senda, a de Santa Baia, discorrerá polo municipio veciño do Pereiro de Aguiar, nun treito de 2 kms, desde a glorieta da OU-536, no punto quilométrico 8+800 ata, aproximadamente, o quilómetro 11 da estrada.

Te puede interesar