SOCIEDAD

Cine, gastronomía e turismo falarán galego en New York

<p></p>
photo_camera Xaime Arias, Elena Pérez Canal e Miguel Palacios, organizadores do Galician Cinema and Food Festival.

A segunda Galician Cinema & Food Festival mostrará en xuño as potencialidades do traballo galego

New York falará galego a través do cine e da gastronomía o próximo mes de xuño, cando teña lugar a segunda edición da Galician Cinema & Food Festival, catro xornadas nas que o publico norteamericán terá a oportunidad de coñecer máis da nosa rica cultura.

Despois dunha primeira toma de contacto no ano 2015, no que se proxectou o filme gañador dos Premios Mestre Mateo, para esta segunda edición, os organizadores ourensáns Xaime Arias e Elena Pérez Canal e o pontevedrés Miguel Palacios, decidiron dar un paso adiante no seu afán de promoción, para fusionar o mellor do cine galego, cos mellores productos gastronómicos e amplos destinos turísticos.

O impacto agardado para este importante evento, recoñecido oficialmente como o maior acto de promoción que vai facer galicia en todo Estados Unidos en 2016, avala o crecemento do Galician Cinema & Food Festival, que nesta edición contará con 250 convidados.

Coñecedores do amplo grado de competencia existente nunha cidade como New York, os tres responsables deste evento teñen plantexadas catro xornadas con sorpresas e actividades que marcarán a diferenza sobre o resto.

Catro días de actividades

Desta forma, e co Instituto Cervantes como centro neurálxico e de operacións, o luns 20 de xuño será a xornada máis ourensana das catro, coa proxección da primeira das finalistas desta edición dos Premios Mestre Mateo. Posteriormente será o turno para a curta "Looking for Bill Viola" do IES de Celanova. Con motivo desta reproducción, visitarán o evento os creadores e alumnos do centro educativo, para despois desplazarse ata o patio do Instituto para a exhibición de A Veiga "Destino Starlight".

O martes 21, coñecido como o Estrella Galicia Day, os invitados desfrutarán do partido de España na Eurocopa nun bar norteamericano. A continuación, xa no Cervantes será o turno doutra finalista dos Mestre Mateo para rematar o día coa Primeira Xuntanza de Cineastas Españois en New York, dirixida por Adán Aliaga e a guionista galega Natalia Dasilva. Ademáis, como ponentes están confirmados polo momento, Ana Asensio, Álex Lora e Martín Rosete.

O mércores 22, ademáis da proxección da terceira finalista dos premios do cine galego o punto forte será show coooking de Álvaro Villasante do restaurante Paprica e membro do Grupo Nove.

Para pechar esta segunda edición do Galician Cinema & Food Festival, o xoves 23 será o turno da última finalista do Mestre Mateo para despois celebrar un foro co gañador do premio.

No centenario do nacemento de Camilo José Cela, a organización celebrará unha sentida homenaxe o escritor, exemplo e estandarte da cultura galega a través do mundo.

Ademáis haberá unha exhibición de stands de tódolos patrocinadores misturando o da comunidade galega.

Catro días para mostrar ós estadounidenses a enorme riqueza da cultura galega e todo o que poden ofertar a un mercado tan competitivo como o seu nunha mistura de cine, gastronomía e cine incomparables.

Xaime Arias: "traballamos para unir as potencialidades do noso"

Xaime Arias é un dos organizadores ourensáns desta segunda edición do Galician Cinema & Food Festival, que pretende ser "o xermo de algo moito maior. Para nós o ideal sería chegar moito máis lonxe que en New York. Se o logramos sería algo perfecto para todos nos. Non resulta difícil pensar nunha semana oficial de Galicia nos Estados Unidos con máis sedes por todo o país. Penso que se pode facer xa que soamente coa colonia latina neste país poderíamos chegar a máis cidades, coma por exemplo Miami".

Sobre a receptividade dos estadounidenses a unha actividade deste tipo, Arias móstrase cauto xa que "na primeira edición tivemos que ir prácticamente porta por porta chamando ás productoras e restaurantes. Coñecemos a dificultade de organizar eventos coma este nesta cidade, xa que temos que competir con medio centenar de actividades semellantes a nosa en todo momento. Aínda así, traballamos para unir as potencialidades do noso, do galego, e contribuír ó crecemento en conxunto".

En sentido contrario, o organizador considera que para as empresas e cineastas galegos supón "unha oportunidade de que cheguen ó maior número de público posible. O rango que nos lles ofrecemos co Galician Cinema & Food Festival multiplica por 20 a repercusión en medios á que poderían chegar nos Estados Unidos. Todas as empresas que van estar con nós están ilusionadas e expectantes sobre o retorno que terá para eles este evento".

Te puede interesar
Más en Sociedad