Cómo sobrevivir en Times Square en Fin de Ano

Eu estiven alí. Xa o podo decir: 'Estiven en fin de ano en Times Square'. Unha desas cabezas que vían nas imaxes da tele era a miña. Unhas imaxes que viron, por certo, 1.000 millóns de persoas en todo o globo. Por facer unha comparanza o Mundial de España en Suráfrica chegou a 700 millóns de persoas e foi un fito da historia da televisión. Digo isto para que se vaian poñendo en situación.

Posiblemente se buscan cómo chegar a Times Square en fin de ano na internet o máis probable é que desistan. Todo o que pon é certo: preto dun millón de persoas, cordón policial en cada rúa, e unha espera nun xeado mes de decembro en Nova York dunhas 15 ahoras? ou máis.

Fixen eu todo iso? Máis ou menos? ten truco. Un truco que vou contar e que non significa que volva funcionar. Dito queda para quedar eximido desde xa de futuras reclamacións? a min funcionoume.

O caso e que, desmoralizado polo que lera na rede, xa cheguei tarde. Eran as doce e media do mediodía e non tiña intención sequera de entrar na zona acordoada. Pero claro, unha vez alí, dixen? veña.

Funciona así. O lugar vaise enchendo por sectores. Para acceder ao corazón de Times Square supoño que terás que estar alí antes de que poñan as beirarrúas, como mínimo, e non era o caso. Tras encherse a praza, a rúa Broodway -que é a que cruza Times Square- divídese en rectángulos: entre a 47 e a 48 un, entre a 48 e a 49 outro, e así sucesivamente. Colla o Parque de San Lázaro á metade e terá unha idea da dimensión de cada un. Dentro deles a xente ocupa o asfalto, e as beirarúas e as interseccións quedan libres para o control policial e o acceso aos comercios restaurantes? queden con esto último, é o quid da cuestión.

Cando cheguei eu o acceso só estaba permitido pola rúa 51,e de aí para arriba. E alí fun. Unha cola de media hora e para adentro dos valos previo (leve) cacheo. Aquí hai dúas cousas importantes: non se pode acceder con bolsas grandes e unha vez que entras, se saes, xa non volves entrar.

Unha e media da tarde. Nova York. Menos un grao centígrado. Comeza a nevar. Faltan 10 horas e media? Marcho. Aguantei 20 minutos alí de pé. A xente leva a súa comida e tamén a bebida? pero pouca porque non hai baños, e lembren, se saes xa non podes volver entrar.

Con este panorama saquei a foto de rigor e dixen: 'Marcho que teño fame'. Sain do valado co correspondente aviso e unha vez na beirarrúa -que está totalmente libre de xente- vin un sitio de comida aberto e entrei.

Xa o quente e comido a cousa mudou. O caso é que ese sitio estaba aberto ata as cinco e media da tarde. E unha vez alí, xa postos, decidín quedar. Benditas tablets e e-books. Ás cinco e media saín. Faltaban seis horas e media, ainda demasiado.

Baixei ata a esquina pola beirarrúa baleira. Segundo control policial e o mesmo: 'Se saes?', etc. Sain pero non marchei lonxe. Xusto na esquina de enfrente, na 49, está o Caffe Benne. Díxenlle ao policía que quería tomar un café alí, cousa certa, e non me puxo atranco ningún para pasar. Supoño que a ninguén llo poría; non crean que fixen nada especial. De feito o café estaba ateigado.

Aí cambiu a cousa definitivamente. Estaba a cuberto, nun sitio encantador, sentado tranquilamente e con seis horas por diante. O plan, como o de todos os que estábamos alí, era sair as doce menos cinco e cun pouco de transixencia policial ver a baixada da bola desde a beirarrúa? pero non foi así. Foi mellor.

Estaba sentado na pranta de arriba lendo un dos libros que ten o café -a batería da tablet xa fora aló- e as once e media baixei para observar como ía o tema. Nesas que vexo o valado do rectágulo aberto entre a 49 a 48 e un policia cacheando e deixando pasar aos que saían do café. Non creo que pasara un minuto e xa estaba eu nesa cola. E dous minutos despois en plena rúa Broodway entre a 49 a 48 cunha visión perfecta da bola e sen agobios. Eran as 11:40 do 31 de decembro de 2013. Finalmente ía estar en Fin de Ano en Times Square?e quentiño.

O resto xa non llo conto. Xa o viron na tele: conta atrás, tolemia colectiva dun millón de persoas e unha cousa menos para min que facer en Nova York. Xa estiven alí. Por certo, neses 20 minutos que pasei na rúa tiven tempo de chamar ao meu banco urxentemente en España ante a sospeita de que me hackearan a conta -sospeita fundada por un SMS da entidade que acababa de recibir-. Poden imaxinar a incredulidade do meu interlocutor cando lle dixen que o sentía pero que ese ruido de fondo, ainda que non o crera, era Times Square e que 'se saía dalí ?' ben, xa saben como acaba a frase?.pero esta, xa é outra historia.

Te puede interesar
Más en Sociedad