Os alcaldes piden axuda á Sanidade nas gardas da farmacia de Castro Caldelas

Reunión dos alcaldes do PAC de Caldelas e o Colexio de Farmacéuticos.
photo_camera Reunión dos alcaldes do PAC de Caldelas e o Colexio de Farmacéuticos.

A problemática da carga de traballo na farmacia caldelá sigue sen solventarse, xa que sendo a única farmacia da localidade, ten que cubrir as gardas os 7 días da semana.

Os representantes dos cinco concellos do PAC de Caldelas reuníronse co presidente do Colexio de Farmacéuticos, Santiago Leyes, reivindicándolle que a Consellería de Sanidade debería axudar para que a solución “non perxudique a esta zona do rural e aos cidadáns destes concellos”, manifestan no comunicado dos concellos, asegurando que as gardas manteranse como ata agora polo momento.

Fontes do Colexio de Farmacéuticos de Ourense sinalan que “lle corresponde á entidade buscar esas solucións e tentarán procuralas con diálogo e consenso, contando coa opinión das forzas vivas da zona”.

Te puede interesar