O colexio trivés leva ás rúas poemas de Rosalía de Castro

Momento de la representación del pasado curso.
photo_camera Momento de la representación del pasado curso.
O CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives festexará o Día de Rosalía cunha aborada polas prazas da vila

Esta actividade, organizada polos departamentos de Dinamización Lingüística e a biblioteca de “Tololeo” do centro, xa vai pola segunda edición trala boa acollida do pasado ano.

A cita é o venres, día 23, entre as 12,30 e as 13,30 horas, e durante a alborada os alumnos percorrerán as distintas prazas trivesas recitando ou dramatizando poemas de Rosalía de Castro.

Os nenos de infantil comenzarán na Praza de Abastos coa coñecida obra “Adiós ríos, adiós fontes”, seguidos polos de Segundo de Primaria na Praza Doutor Paz con “De este mundo en la comedia”. O escenario para os alumnos de terceiro será a Praza do Reloxo, onde dramatizarán “Parece una rosa. Has de contar”, e desde alí continuarán na Praza do Grifo os rapaces de primeiro coa obra “O moucho”.

A Praza do Concello acollerá “Negra Sombra” dos alumnos de quinto e para pechar o acto, cuarto e sexto ofrecerán a súa particular representación de “Pra a Hababa” na Praza do Pilón.

Te puede interesar