Os contos con historias reais no instituto de Trives

photo_camera Sesión de contacontos no instituto de Trives, a cargo de Dani Blanco
Dani Blanco achegou a narración oral á biblioteca do centro educativo de Trives

Baixo o título “Murmuraban as miñas veciñas”, o narrador oral Dani Blanco levaba ao IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives un contacontos de historias vivas recollidas todas elas a mulleres do Morrazo, de donde é Blanco.

A actividade tivo dúas sesións, unha para o alumnado do centro e a outra para familias e aberta ao público en xeral. Durante o espectáculo misturábase a ficción coa realidade, e a fantasía fixo viaxar aos asistentes entre as emocións e a risa.

Esta actuación levouse a cabo na biblioteca do centro, este luns pola tarde, dentro do programa “Biblioteca y familias” da Consellería de Educación.

Te puede interesar