Ecoagro

O GDR Sil-Bibei activa un plan de promoción de produtos do agro

Reunión del GDR Sil Bibei Navea en el auditorio trivés.
photo_camera Reunión del GDR Sil Bibei Navea en el auditorio trivés.
O GDR Sil-Bibei estableceu a vía de acceso a axudas para promoción de produtos do agro

A Asamblea Xeral Ordinaria do grupo de desenvolvemento rural Sil Bibei Navea, reuniuse no auditorio Julio Vázquez de A Pobra de Trives aprobando por unanimidade a presentación da “Estratexia de Desenvolvemento Local” para o período entre o 2023 e o 2027. Este documento “marca as lixas de posibles axudas a partires do ano que ven  para emprendedores particulares e concellos dentro do GDR ” segundo sinalan desde a directiva.
Unha das novidades é a incorporación do Bono Activa Rural, una axuda que a instancias de AGADER, permite acadar ata 18.000 euros cobrados en dous anos a aquelas persoas que incorporen actividade no rural xerando a lo menos un posto de traballo.

Outra novidade é a presentación dun proxecto piloto para conservación e comercialización de produtos agrarios, contemplando unha cantidade de 5.000.000 de euros.

Ademáis, cambia o baremo de puntuar os proxectos dos concellos.

Te puede interesar