Preocupación en Manzaneda pola falta de médico

Centro de Saúde de Manzaneda.
photo_camera Centro de Saúde de Manzaneda.
Os veciños de Manzaneda presentan a súa preocupación e malestar ante a falta de facultativo médico na praza do seu concello

Desde o pasado día 29, a médica de familia que tiñan polo momento tomaba posesión no seu novo centro, A Pobra de Trives, quedando o centro de saúde de Manzaneda sin atención continuada dun mesmo facultativo. “Para nós é un problema gravísimo, eu por exemplo teño ao marido enfermo e a médica que hai tenlle un seguimento, e agora non sei como faremos. Cada día haberá un médico e así ninguén fará un seguimento” explica unha veciña de Manzaneda.

Desde o Sergas afirman que “mentras non se cubra a praza definitivamente coordinarase a asistencia mediante o desprazamento ao centro de saúde dos facultativos de San Xoan de Río e Trives” tal e como leva pasando desde fai moito tempo para cubrir as vacacións en cada un destes centros.

Esta solución non tranquiliza á población, quen mesmo se plantexa organizar unha manifestación, xa que din que esa cobertura tan so será media xornada cada día repercutindo negativamente aos outros centros cos que comparten médico, “non pararemos, levamos postas moitas reclamacións, e seguiremos ata que non nos dean solución” afirman os veciños de Manzaneda. n

Te puede interesar