Río encheuse con 450 comensais pola festa gastronómica da tenreira

O polideportivo municipal de Río congregou a preto de 450 comensais dispostos a disfrutar da Festa da tenreira de Río.

Esta é a primeira vez que desde o concello se organiza unha cita gastronómica, á cal asistiron numerosos alcaldes da provincia, así coma o presidente da Deputación, Luis Menor, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén. Os asistentes a este xantar tradicional degustaron un menú composto por embutidos ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e bica de sobremesa. As entradas xa quedaron esgotadas desde o día antes do festexo. A charanga Tatto foi a encargada de amenizar o xantar e a festa non parou en toda a xornada. Xa pola tarde daba comenzo o baile coa orquesta Galilea, encargada da sesión verbena tamén. A cita gastronómica foi organizada polo Concello contando coa colaboación da Asociación Cultural Río Mola, mentres que na Festa do Emigrante foi Río Mola quen se pouxo ao fronte, contando coa colaboración municipal.

Te puede interesar