Vicente Risco, obxecto de homenaxe en Castro Caldelas

Un momento dos actos celebrados onte en Castro Caldelas.
photo_camera Un momento dos actos celebrados onte en Castro Caldelas.

Os actos conmemorativos dos 60 anos transcurridos desde o pasamento do escritor Vicente Risco (1884-1963) remataron esta fin de semana en el Concello de Castro Caldelas. O recinto do castelo da vila foi escenario do concerto que ofreceu o grupo portugués Cardo Roxo e que congregou a numeroso público.

Desde o departamento de Cultura de Castro Caldelas apuntaron que o programa de actos conmemorativos da devandita data rematou na vila. Tamén lembraron os momentos que o escritor pasou nela, cos seus amigos, compartindo momentos de creación literaria e asistindo a tertulias.

“Castro Caldelas foi o lugar onde creou ou foi a inspiración deste destacado e polifacético literato da xeración Nós”, segundo apuntaron desde o Concello caldelá.

En recoñecemento á figura do escritor, o Concello de Castro Caldelas adicoulle unha das súas rúas e unha área recreativa. Por outra banda, a súa casa natal na actualidade acolle un establecemento que leva o nome de “Pousada Vicente Risco”.

Te puede interesar