UNIVERSIDAD

Prácticas de docencia en inglés con alumnos de Primaria

Cancións, contos, trucos de maxia e experimentos, todos eles en inglés e todos eles protagonizados por 66 estudantes do grao en Educación Infantil comparten espazo no concurso que nos últimos días se desenvolveu de xeito virtual e no que 19 alumnos e alumnas do CEIP A Xunqueira I exercen como xurado. Baixo o título "You can really do it!", trátase dunha iniciativa promovida pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Inés Lareo e a docente do Xunqueira I Carmen Quinteiro.

O obxectivo desta actividade, explica Lareo, era "que os universitarios se acheguen ao seu futuro labor" como docentes a través dunha iniciativa inserida nas actividades da materia de inglés. Inicialmente, os alumnos ían presentar as súas actuacións nun evento que ía ter lugar este mes de maio no salón de actos do colexio, mais a suspensión da actividade docente presencial levounos a transformar esas actuacións en vídeos de dous minutos en grupos identificados co nome dun animal, gravando cada un desde as súas casas. 

Os vídeos, que comparten o cancelo #nohaiquennospare, preséntanse nestes días a 19 alumnos e alumnas de segundo de Primaria, encargados de decidir os nomes das gañadoras e gañadores das catro categorías do certame (cancións, contos, maxia e experimentos).

Te puede interesar