DEPORTE

Alba e María completan a súa formación no Servizo de Deportes

Realizan as súas prácticas de comunicación e internacionalización ata finais de curso

O Servizo de Deportes acolle cada curso a bolseiros e alumnado en prácticas. Dous exemplos destas participacións son Alba María Muñiz e María Rivadulla, bolseiras de comunicación e internacionalización respectivamente. Alba comezou a súa beca en setembro e permanecerá no Servizo de Deportes ata maio. Pola súa banda, María está neste servizo dende febreiro e a súa beca prolongarase ata o 31 de maio. Ambas sinalan o froitífera que está a ser a experiencia.

Como surxiu a idea de realizar as vosas prácticas no Servizo de Deportes?
Alba: Este ano quixen completar a miña formación, orientándome cara un ámbito máis profesional. Así, decidín presentarme á convocatoria desta beca porque a consideraba idónea para sacarlle partido aos coñecementos adquiridos durante os meus estudos.
María: Estou matriculada na asignatura de prácticas da miña carreira e pareceume unha boa idea facelas en algún dos departamentos da universidade. 
Cal é o voso cometido?
Alba: A beca é de Comunicación e Redes Sociais e algunas das funcións que levo a cabo son xestión e actualización da web do Servizo de Deportes, dinamizacións e elaboración de contidos para as redes sociais da Área de Deportes ou arquivo documental.
María:  Esta beca é de comunicación e internacionalización e encárgome de todo o relacionado cos proxectos internacionais e os Erasmus que queren realizar as súas prácticas aquí. Principalmente, aporto os meus coñecementos lingüísticos para mellorar a comunicación con outras universidades europeas que colaboran con nós en proxectos deportivos.

Que destacariades deste servizo da Universidad de Vigo?
Alba
: É un área que ofrece moitas actividades para a comunidade universitaria e o que destacaría é o xeito de comunicarse con ela. En concreto, a nova campaña e a nova identidade dos Muvers.
María: O que máis me gusta é o bo ambiente que hai entre todos os compañeiros, os becados e o persoal que traballa no Servizo de Deportes.

Que lle diría a alguén que está pensando en facer as súas prácticas neste Servizo?
Alba
: Que é un lugar con moi bo ambiente e onde se poden realizar diversas funcións que axuden a demostrar e pór en práctica os coñecementos e competencias adquiridas nos estudos realizados.
María: Recomendaría 100% realizar unhas prácticas neste departamento. Hai distintos ámbitos nos que podes traballar e por eso se ofertan prazas para distintos estudos.n

Te puede interesar
Más en Universitas