UNIVERSITAS

O balonmán promociónase na Universidad nunhas xornadas

7_result
photo_camera O Servizo de Deportes busca recuperar a tradición do balonmán na Universidade.

A actividade será os días 21 e 23 de abril, no Pavillón universitario de Vigo

Na provincia de Pontevedra o balonmán é un deporte que conta cun importante número de adeptos. As fichas de balonmán son moi numerosas e a tradición deste deporte é notable dende hai ben anos, chegando a contar con varios equipos na máxima categoría desta modalidade deportiva.

Dende o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo queren que esta tradición se recupere entre os universitarios e universitarias e por iso que estableceron unha serie de contactos coa Federación Galega de Balonmán para traballar da man neste aspecto principalmente para o curso que ven, aínda que xa organizan para finais deste mes de abril unhas xornadas coas que promocionar este deporte entre os estudantes. Así, será un primeiro paso para a posterior organización de actividades relacionadas con esta modalidade deportiva na Universidade.

A cita será o martes 21 e o xoves 23 de abril, de 15:00 a 16:30 horas e de 18:00 a 19:30 horas, no Pavillón universitario do Campus-Lagoas Marcosende de Vigo. Os destinatarios serán membros da comunidades universitaria e non se precisa ter coñecementos previos de balonmán.
A actividade é de acceso libre e gratuíta, soamente é preciso pre-inscribirse en deporxest.uvigo.es.
As xornadas contarán con diferentes xogos e exercicios que permitirán experimentar todas as sensacións de practicar este deporte ao mesmo tempo que contribuirán á mellora da forma física dos participantes.

Te puede interesar
Más en Universitas