concentración

Por un ensino público de calidade e accesible para todos

mani_result
photo_camera mani_result

Durante a concentración, leuse un manifesto de rexeitamento ao decreto de ordenación dos estudos universitarios

Co propósito de reivindicar “un ensino universitario público, de calidade e accesible para todo o mundo” a delegación de alumnado de Ciencias da Educación e do Deporte convidou á comunidade universitaria a sumarse este xoves a un acto de protesta que tiña por obxecto deixar patente o rexeitamento de estudantes e profesorado ao decreto que permite a implantación de graos de tres anos e mestrados de dous, aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros. “Non a un 3+2 desigual”, foi o lema co que se pechou unha concentración que se viu completada por “un minuto de silencio polo ensino público”.
Preto de 100 persoas reuníronse na entrada de facultade para participar nun acto que tiña por obxecto “defender unha das pedras angulares da nosa sociedade, unha educación universitaria de calidade”, como se destacaba no manifesto ao que deu lectura o delegado do alumnado do centro, Javier Prieto. “Hoxe nos reunimos e protestamos porque se puxo sobre a mesa un sistema sen ningunha garantía”, engadía un manifesto crítico co decreto de ordenación do sistema universitario que o Goberno aprobou “desoíndo a toda a comunidade educativa”.


Na súa intervención, Prieto fixo énfase que a protesta convocada nesta xornada non era para oporse a un sistema de 3+2, senón a un proxecto concreto levado adiante “cando nin sequera se rematou de avaliar o sistema actual”.

Te puede interesar
Más en Universitas