COMUNICACIÓN

O “Evento 2.0” afonda nas redes sociais que mudaron a comunicación

Rolán, Martí, Valderrama e Vázquez son os organizadores desta actividade.
photo_camera Rolán, Martí, Valderrama e Vázquez son os organizadores desta actividade.

CCSS e da Comunicación acolle o luns 25 a segunda edición do ‘Social Media Day’

Estudos recentes, como o OBS Social 2015, sitúan en preto de 17 millóns os usuarios e usuarias activos cos que contan en España as redes sociais, ferramentas que teñen contribuído a que o mundo da comunicación sexa hoxe “diametralmente diferente” a anos atrás, como sostén o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán.

Para afondar na incidencia destes novos "altofalantes" en ámbitos como a difusión dos novos medios dixitais, o turismo, as estratexias de comunicación empresarial ou a propia influencia persoal, esta facultade do campus pontevedrés celebrará o vindeiro luns 25 a segunda edición do Social Media Day, no que 15 expertos e profesionais deste eido tomarán parte nun “evento 2.0”, no que esa “comunicación bidireccional” que define as redes sociais se promoverá tanto no propio salón de graos do centro como a través das propias redes que centrarán o debate.

“A intención é darlle un pouco de acubillo ás redes sociais desde o punto de vista académico”, salienta Rolán da actividade coa que, por segundo ano consecutivo, CCSS e da Comunicación conmemora o Día do Community Manager.

Organizado por Rolán xuntos cos profesores Daniel Martí e Mónica Valderrama e a Delegación de Alumnado, este segundo Social Media Day estruturase en catro mesas de debate, dirixidas a afondar no papel das redes sociais desde diferentes ópticas, que permitirán tamén ao alumnado coñecer as experiencias e impresións “de diferentes profesionais que saíron desta facultade, na que se imparten titulacións máis que óptimas para exercer esta profesión”, como sinala Rolán.

“A idea é que sexa algo aberto, un evento 2.0 non pode ser unidireccional”, engade o promotor desta iniciativa, que poderá seguirse en directo tanto a través das redes sociais, como de UVigo-TV e sobre o que os estudantes responsables do programa de radio El Escaparate realizarán un programa especial en directo, que se poderá escoitar a través da plataforma Campus Culturae, da USC. n
 

Te puede interesar
Más en Universitas