UNIVERSITAS

A International Week acolle docentes de catro países

gal3_result
photo_camera Elena de Prada, Elena Rivo e Virxilio Rodríguez inauguraron este martes a International Week.

O obxectivo é que o alumnado se familiarice coas clases en inglés

Alemaña, Croacia, Portugal e Turquía. Estes son os catro países que este curso académico protagonizan a International Week 2015 da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Durante unha semana, docentes de universidades destes países achegaranse a Ourense para impartir en inglés clases ao alumnado ourensá, que poderá coñecer as áreas de especialización de cada un destes profesionais. A iniciativa, que se enmarca dentro do programa de internacionalización do centro, permite aos estudantes familiarizarse coa docencia en inglés ao mesmo tempo que adquiren novos coñecementos vinculados coas súas titulacións.

A sesión inaugural da International Week 2015 contou este martes coa participación de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, e Elena de Prada, coordinadora da iniciativa. Tanto Virxilio Rodríguez como Elena Rivo animaron ao alumnado asistente a aproveitar o programa de conferencias que se ofrecerán e aos docentes convidados a coñecer non só a Universidade de Vigo senón tamén a cidade de Ourense e a súa provincia. É apuntaron, a oitava edición dunha iniciativa que é especialmente interesante para o centro debido á importancia que ten o inglés nas súas áreas de traballo, tanto no eido empresarial como turístico.

Te puede interesar
Más en Universitas