UNIVERSITAS

Cinco investigacións contra o retroceso en igualdade

Un monográfico recolle a situación da muller no mercado laboral

Cales son as variables que fan que as alumnas sexan minoría nos estudos de enxeñaría e tecnoloxía? Como recae nas mulleres de xeito formal e informal os coidados das persoas maiores? Cal é a realidade da recuperación posparto? Están as mulleres incorporadas aos centros tecnolóxicos e ao sistema de innovación galego? Que medidas se poden tomar para fomentar a igualdade no mercado laboral?

A estas cinco preguntas responde o última Monografía de Estudos Feministas, publicación que recolle os traballos subvencionados hai dous anos pola Cátedra Novacaixagalicia de Estudos Feministas da Universidade de Vigo. 
A presentación da obra, que recolle a achega de 22 investigadores e investigadoras, contou coa participación de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e María Lameiras, presidenta da Comisión de Estudos Feministas. “Un dos problemas máis importantes que temos é a desigualdade de xénero”, advertiu Salustiano Mato, que fixo fincapé en como “estamos asistindo a un momento de involución” tanto cultural como no eido da igualdade, especialmente preocupante entre as novas xeracións.

“A mellor sociedade é a que aproveita o seu talento, homes e mulleres”, recalcou, polo que apuntou a importancia de seguir realizando estudos feministas que analicen a situación e apunten os camiños a seguir contra a desigualdade.

Te puede interesar
Más en Universitas