O orzamento da Universidade para 2015 aumenta un 3,5%

c2_result
photo_camera Un momento do derradeiro Claustro do ano onde se presentuo un orzamento de 165 millóns de euros para 2015.

O reitor avanzou que a institución acadou unha taxa de ocupación do 95% das prazas e o presuposto se sitúa en 165 millóns de euros

Despois de varios anos de baixada e, os máis recentes de estancamento, o orzamento da Universidade de Vigo para 2015 increméntase nun 3,5% e acada os 165,2 millóns de euros. Na derradeira sesión do Claustro deste ano 2014, o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, presentou as liñas orzamentarias que amosan que “a Universidade retoma a senda do crecemento, dende un financiamento equilibrado e finalista, procedente da captación de recursos externos e do desempeño nos obxectivos do Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego”. O titular de Economía presentou tamén un informe sobre a planificación plurianual. O reitor, pola súa banda, deu conta no seu informe anual das cifras de matricula para este curso, e subliñou que “seguimos atopándonos nunha situación estable, acadando unha ocupación aproximada do 95%”.

Nesta sesión, o reitor presentou o informe que reflicte os fitos máis salientables do ano 2014, e recolle, entre outras cifras, unha taxa de ocupación das titulacións que acada o 95%, manténdose estable respecto a anos anteriores. Salustiano Mato fixo un percorrido por un ano “marcado polo remate dunha lexislatura e o comezo dunha nova e polo inminente comezo das negociacións do novo plan de financiamento do SUG”. Por outra banda, o reitor adiantou tamén a cifra de captación de recursos de I+D+i, que “ata a data actual supera xa o 20 millóns de euros”, entre proxectos europeos, nacionais e autonómicos, contratos e informes e infraestruturas científico-técnicas.

Te puede interesar
Más en Universitas