UNIVERSITAS

A Universidade de Vigo, a 88 do mundo entre as xóvenes

campus1_result
photo_camera A Universidade de Vigo, considerada por terceiro ano consecutivo como unha das mellores cen universidades de menos de cincuenta anos.

Segundo a clasificación de Times Higher Education, Vigo entra por terceiro ano consecutivo no ránking das 100 mellores universidades de menos de 50 anos

Por terceiro ano consecutivo, a Universidade de Vigo entra no ránking Times Higher Education das 100 mellores universidades do mundo con menos de 50 anos. Esta clasificación, impulsada por Thomson Reuters, avalía as universidades de todo o mundo a través da análise de trece indicadores das súas funcións fundamentais, como son a ensinanza, a investigación, a transferencia de coñecemento e a perspectiva internacional. A Universidade viguesa ocupa o posto 88 con 33.5 puntos nunha lista liderada pola École Polytechnique Fédérale de Lausanne, na que as institucións superiores de países asiáticos acadan unha presenza moi destacada e onde España conta con seis representantes.
Segundo Times Higher Education, trátase de identificar “unha nova xeración de universidades” que teñen “o potencial de converterse” no futuro en parte da elite universitaria mundial.

A organización, que elabora tamén clasificacións globais, de reputación e por ámbitos, explica que el ránking emprega os mesmos trece indicadores ca no resto de clasificacións pero empregando unha metodoloxía recalibrada que se adapte a universidades novas, “dando menos importancia a medidas de reputación subxectivas e máis a datos métricos puramente obxectivos”, destacan.
O reitor amosouse moi satisfeito pola presenza da Universidade no Times Higher Education 100 Under 50 e subliñou que “estamos de novo no ránking o ano que cumprimos 25 anos.

Iso é un logro tremendo hai moi poucas universidades dentro desas cen con tan poucos anos como a nosa e todo iso a pesar dos recortes, pero sobre todo a pesar desa ferida mortal que o ministro de Facenda, Cristobal Montoro, a través la Ley de presupuestos fixo ás universidades españolas que é a famosa taxa de reposición”. Mato incidiu en que “é absolutamente inxusto que nós tendo recursos, tendo capacidade, tendo as contas saneadas non podamos, por unha lei xeral, reter o talento que xeramos, é dicir que non podamos contratar e sacar ningunha praza para consolidar aos nosos investigadores”.

De feito, o reitor destacou que son moitas as universidades estranxeiras que “fichan” investigadores da Universidade de Vigo, “pero sería un síntoma de éxito que ao mesmo tempo nós puidésemos captar e reter novo talento”. De feito, Mato laiouse desas “cortapisas” e apuntou que, de non existir, “ao mellor estariamos nunha mellor posición, non de 88 senón de 50 e incluso no futuro máis arriba”.
O apoio que os países e gobernos emerxentes amosan ás súas universidades provocan “que cada vez estean máis presentes nestes ránkings en postos importantes; polo contrario, países como o noso, sometidos a recortes orzamentarios onde priman as taxas de reposición por riba da retención e captación de talento, converten case nunha milagre o feito de que continuemos dentro do Times Higher Education”.


As variables analizadas para a realización deste ránking son a investigación (volume, ingresos e reputación), o número de citas (influencia da i+d), a docencia e o ambiente de aprendizaxe, a proxección internacional, tanto da comunidade universitaria como da investigación e a innovación e transferencia. A Universidade de Vigo acada o seu mellor resultado no tocante ás citas, con 60.9 puntos, seguido do indicador de transferencia e ingresos recibidos da industria (35.6), a presenza internacional (27.8), a docencia (27.0) e, finalmente, a investigación ( 13.9). Respecto á pasada edición, na que a Universidade de Vigo acadou o posto 76 deste ránking, aumenta a valoración acadada tanto no relativo á docencia como no tocante á presenza internacional.

Te puede interesar
Más en Universitas