OCIO

O 15 de xaneiro remata o prazo para inscribirse no “Esquiou 2017"

Os destinatarios son os rapaces nacidos na provincia dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2008 

O prazo de inscripciòn para participar no programa "Esquiou 2017", que promove a Deputación en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, remata o domingo, 15 de xaneiro. Este programa ten como obxectivo achegar o esquí aos nenos da provincia mediante un programa de actividades que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e actividades complementarias. Os destinatarios son os rapaces nacidos na provincia dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2008 .

En total participarán 735 nenos, en sete quendas de 105 persoas por quenda, cunha estadía de dúas noites e tres días de luns a mércores. Os interesados poden inscribirse ata o 15 de xaneiro no correo electrónico [email protected] e cada participante debe aboar a cantidde de 29 euros.

Te puede interesar