Afundación convoca un concurso sobre as Letras Galegas

Afundación organiza un concurso online sobre a figura de Florencio Delgado, co obxectivo de conmemorar o Día das Letras Galegas 2022. Consiste nunha serie de preguntas directamente vencelladas coa vida e obra do poeta valdeorrés, tal e como detallan dende a fundación ligada a Abanca.

As cuestións, 23 en total, contan con tres opcións de resposta. É posible contestalas dende onte ata o vindeiro 22 de maio ás 23,59 horas. Quen obteña o maior número de respostas correctas (deberá acertar polo menos 11) será quen se faga co premio, unha estancia para catro persoas no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco. En caso de empate, sortearase o vencedor.

Aparte, tal e como explican dende Afundación, aqueles que completen as 23 respostas cun mínimo de 11 acertos entrarán no sorteo dunha estancia para dúas persoas no mesmo establecemento hosteleiro.

Para completar o cuestionario é preciso entrar na web letrasgalegas.afundacion.org. Nesta mesma páxina pódese ler unha biografía do escritor de Córgomo, ademais das bases do concurso.

Te puede interesar