Cecilia Vázquez: "A obra nace da falta de oportunidades das actrices para poder traballar"

Cecilia Vázquez.
photo_camera Cecilia Vázquez.

 

Entrevista a Cecilia Vázquez, actriz e produtora

A actriz e produtora Cecilia Vázquez achega este venres ó Teatro Lauro Olmo de O Barco a obra “Lerele”, da súa produtora Bala Perdida. Despois da estrea, en xaneiro do 2023, chega por segunda vez a Galicia, tras representala en Ribadavia. 

Cal é o argumento da obra?

Este espectáculo nace das poucas oportunidades que temos as actrices para traballar do noso. A protagonista é unha nena que de pequena ve a Lola Flores na televisión e a partir de entón, o seu obxectivo na vida é ser coma ela. Así que fórmase en todo tipo de disciplinas, decide marchar a Madrid, estuda interpretación, canto ou claqué. Pouco a pouco vai vendo que hai moitas cousas na súa vida que teñen que ver ca artista e, en realidade, non sabe se quere ser coma Lola Flores ou ser a propia Lola Flores. O argumento está baseado un pouco na miña vida. Ó final, ata tiven que crear o meu espectáculo para poder traballar, porque agora non hai nin castings. Tes que buscarte a vida.

É o teu primero espectáculo con Bala Perdida?

Teño outra compañía que se chama Olivas Negras, na que somos dúas actrices, pero chega un momento no que quero facer algo eu. Así que montei a compañía Bala Perdida. 

Como foi a estrea?

Quería facer unha especie de homenaxe a Lola Flores e veu todo rodado. Cando estreamos coincidiu co centenario do nacemento da artista. Foi a primeira sinal. Ademais, a estrea foi en Madrid, no Escorial, onde se casou Lola Flores. Entón todo foi moi fácil, e sobre todo fóra de Galicia. En Galicia atopei prexuicios sobre a figura de Lola Flores. Ata tiven unha pequeña crise e pensei en cambiarlle o nome á obra. 

Despois do Barco, xirará por Galicia?

Desde a estrea o 21 xaneiro de 2023, rodou por fóra de Galicia, pero estou intentando que siga pola comunidade sobre todo no último cuatrimestre do ano, e que chegue á miña cidade, Vigo. Despois poreime con outras cousas. Ó Barco levarei a miña nai que ainda non puido vela. 

Como vive a xente a obra?

O espectáculo é moi visual. Hai xente que chora, porque identifícase co feito de que ó longo da vida queres facer cousas e por circunstancias non podes.

Te puede interesar