A estrada de Portela a Santigoso péchase este luns

O Concello de O Barco anunciou onte que a estrada de Santigoso (OU-121) estará cortada ó tráfico rodado, pola realización de obras de asfaltado, dende o vindeiro luns.
Concretamente, o peche da circulación, nos dous sentidos, corresponde ó tramo entre Santigoso e Portela (do quilómetro 9 ó 15). O paso pola estrada estará prohibido de 8,00 a 13,00 horas e de 14,00 a 19,00 horas, durante un periodo de catro a cinco días.

Te puede interesar