Letras Galegas 2022

Nomeado o xurado do premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán

Cartel do certame, deseñado polo artista valdeorrés Iván Prieto.
photo_camera Cartel do certame, deseñado polo artista valdeorrés Iván Prieto.
Os persoeiros designados anunciarán o gañador o 30 de setembro

A organización do III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán anunciou esta mañá os membros do xurado. Os xuíces escollidos anunciarán o vencedor do certame o 30 de setembro. Os participantes teñen ata o 1 do mesmo mes para enviar as súas obras. Estas deberán estar escritas en galego e ter unha extensión de entre 15 e 90 versos.

Os persoeiros designados como xurado son Raúl Gómez Pato, quen gañou a anterior edición; Xurxo Souto, cantante, xornalista e escritor; Inma López Silva, escritora e filóloga; Ledicias Costas, escritora de literatura infantil e xuvenil; e a poeta e filóloga Rosa Enríquez.

O premio está convocado polo Concello de Vilamartín coa colaboración dos consistorios de O Barco, A Rúa, Rubiá, Petín e Vilamartín e a Deputación de Ourense. Pretende impulsar a creación de literatura en galego e dar a coñecer novos artistas. O gañador levarase un premio de 3.000 euros. Pódense consultarse as bases na web de As Letras de Florencio.

Te puede interesar