Vilariño de Conso impulsa su aldea modelo en Soutogrande

O Conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado de varios directores xerais do seu departamento reuníronse por videoconferencia coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melissa Macía, para coñecer as necesidades e demandas dos veciños. O encontro centrouse nas posibilidades de poñer en valor diferentes terreos como pasteiros para o seu aproveitamento gandeiro e reforzar a prevención dos lumes forestais.

Abordáronse os traballos preventivos en vías municipais e a mellora da operatividade e distribución dos medios antiincendios no municipio e en xeral no Macizo Central ourensán. Avaliouse tamén a oportunidade de crear unha aldea modelo no núcleo de Soutogrande.

Te puede interesar