La Región

ENTREVISTA

Acisclo Manzano: "Non o esperaba, pero agora xa son máis pontino que ourensán"

As festas de A Ponte en honor ao Santiago Apóstolo están a piques de comezar e o escultor ourensán dará o pregón o vindeiro martes
Acisclo Manzano abrirá as festas na Ponte.
Acisclo Manzano abrirá as festas na Ponte.
Acisclo Manzano: "Non o esperaba, pero agora xa son máis pontino que ourensán"

O pistoletazo de saída darao Acisclo Manzano o vindeiro martes a partir das 22,30 horas, como pregoeiro dunha das citas de verán máis esperadas da cidade.

Sendo ourensán como é, que recorda da súa infancia no barrio de A Ponte?

Eu do barrio da Ponte recordo que son de Ourense e que hai unha conexión dende o río Barbaña onde de nenos xogábamos e nos bañábamos . Dende alí ibámos ata o río Miño e ata a Ponte a "pasar a reválida". Era unha zona moi ligada á nosa, do auténtico Ourense. Hai unha relación co barrio, ca Ponte Nova, coa estación de ferrocarril á que iba co meu tío que era inspector de trens. Para min, A Ponte non foi outro barrio calquera, é Ourense tamén. Necesitábamos unha rúa que unise A Ponte con Ourense, coma en Florencia.

Con tantos anos vividos na Ponte, ten algún recordo especial?

Estudei alí no 12 de Outubro, foi onde me deron o título de tallista de madeira. No barrio da Ponte sempre pasei máis tempo ca noutros da cidade. Polas pontes e pola estación crucei moitas veces. Hai moitas aventuras e incluso tiven unha moza que era de alí.

A día de hoxe, que vínculos mantén co barrio de Ponte?

Viven alí parentes, primos, amigos, tiven alí unha irmá. Hai unha relación fermosa. Aínda hoxe vou alí ó mesón con amigos a tomar un viño ou unha tapa de xamón, porque alí aínda quedan algúns mesóns dos auténticos.

Como valora esta festa?

Siguen coa súa festa natural, non cambian como queren facer con Ourense que teñen festas polo Corpus, polos magostos e polos maios. Estas do barrio de Ponte, do Apóstolo, vencen a todas  stas festas porque é unha natural, da xente do pobo que é a que vive e convive ca súa festa, cousa que en Ourense non hai.

Cando o chamaron para propoñerlle ser o pregoeiro das festas deste ano do barrio, que foi o primeiro que lle pasou pola cabeza?

Sorprendeume. Nunca o esperei. Podía crer que me chamaran antes polas festas de Ourense, porque son ourensán puro, pero agora xa son máis pontino que ourensán. De feito, en principio dixen que non, porque non son orador, estou secuestrado pola escultura. Logo díxenlle que si, cando casi non remataba o non. Nese momento viñeronme todas as vivencias no barrio da Ponte, na estación e non tiven ningunha dúbida máis de que o quería facer.

Ten xa algunha idea do que vai decir no seu discurso?

Non sei, estou mirando que vou a preparar. Ó mellor non falo nada e dígolle á xente que me pregunte. Aínda non sei, non teño nada feito. Pode que mencione as vivencias de neno e as actuais, que vivín moitas cousas. Quero demostrar toda a alegría e o cariño do ourensán pontino.