CESTERÍA

Allariz amosa a súa tradición cesteira aos máis pequenos

Os máis pequenos descubriron o método para elaborar os cestos.
photo_camera Os máis pequenos descubriron o método para elaborar os cestos (JOSÉ PAZ).
Obradoiros, exposicións, música e boa gastronomía encheron a xornada de talleres e festa

Hai centos de anos que os antergos galegos comezaron a empregar vexetación seca para elaborar multitude de utensilios para a vida diaria. A tradición mantívose ata os nosos días e son moitos os que aínda manteñen vivo o oficio da cestería. 

Algúns deles déronse cita este domingo na parroquia alaricana de Santa Mariña de Augas Santas para celebrar a décima edición do Encontro de Cesteiros, que levou a grandes e pequenos a descubrir os segredos deste oficio que os anos foron convertendo nunha arte. 

Por iso, o primeiro que fixeron os cesteiros participantes na xornada de este domingo foi convocar ós máis pequenos nun obradoiro no que aprenderon a sentar as bases para a elaboración dun bo cesto. Mentres, a parroquia acollía a exposición e venda dunha ampla variedade de cestos, pero tamén doutros productos elaborados seguindo o proceso, como carros ou carozas. 

O grupo de gaitas O Fiadeiro foi o encargado de poñerlle música á festividade antes da celebración do xantar de convivencia, baseado na carne de boi.

Te puede interesar