Alí xa estaba a súa moza e non dubidou en abandoar o seu pobo natal e enfrontarse a novos retos. Na actualidade é vicepresidente da Asociación Cultural Galega no seu lugar de destino.
Cales foron os seus primeiros pasos nese país?
A verdade é que marchei para Alá de vacacións e decidín quedarme. Comecei a traballar nunha empresa de xardinería adicada ó cultivo de rosas, e ós oito meses xa estaba nun obradoiro de carpintería.
É importante o volume de emigrantes galegos en Alemania?
Non sabería dar unha cifra exacta pero sí ha moitos nas fábricas e nos talleres das grandes empresas. Actualmente, e debido ás xubilacións o número descendeu e algúns xa retornaron á Galicia.Nestes últimos anos, debido á crise económica, moita xente xoven de entre 20 a 35 anos veuse na obriga de coller de novo a ruta da emigración.
Como é Hamburgo?
É unha cidade de 2,5 millóns de habitantes que xira en torno ó seu porto e ás grandes industrias, e na que a xente ten o seu traballo asegurado.
Teñen moitas actividades na asociación?
A nosa entidade cultural posúe uns 150 asociados na actualidade e dispomos dunha sede social de 280 metros cadrados, dotada de cafetería, que é un punto de encontro para nós. Hai un grupo de danzas, Airiños da Terra, e outro de gaitas, Latexos do Norte, e nesta tempada iniciamos a andaina cun equipo de fútbol sala, o Deportivo ACG, precisamente con xóvenes que chegaron na última oleada da emigración.
Cando acostuma a regresar ó Carballiño?
Xeralmente veño dúas veces ó ano, coincidindo coas vacacións do verán e nas do Nadal.
Cambiou moito a vila nestes anos?
A verdade é que moito a nivel de ambiente. Vexo moito menos movimento de xente.n