Experimentos culinarios

Por qué non me vides facer unha visita?’ Con estas palabras invitábanos o doutor Hernández a mín e ó Delmiro, o noso barbeiro favorito, a tomar algo a súa casa, quizáis para contarnos algunhas das súas aventuras por países exóticos, ou para por en práctica algunha das súas ocurrencias culinarias. Vamos, que nos quería utilizar a nós como se foramos cobaias en algún dos seus experimentos.
Falei co Delmiro, e xa ben entrada a noite, máis cerca da hora do cambio de xornada, timbramos na súa porta. Tardou un pouco en abrir. O Delmiro escomenzaba a dar media volta comentando que fora inútil a viaxe, que quizáis estaba canso e quería descansar un pouco. Podía ser. Eran horas máis ben de descansar.

Estaba eu tamén xirando para seguir ó barbeiro cando de repente soa o telefonillo e soa unha voz, para nós descoñecida, que nos preguntaba qué queriamos. Os dous quedamos sorprendidos. A reacción lóxica foi decir que queriamos chamar á casa do doutor Hernández, pero que perdoara porque nos equivocaramos.

-’Non, non’, dixo o noso interlocutor. ‘Están vostedes chamando á casa correcta. O que pasa e que él está ocupado nestes intres e púxenme eu’.

Pasaron unhos intres e abriu a porta. Cando chegamos arriba xa tiñamos a porta aberta e pasamos. Pechamos e dirixímonos á cociña. Como presupoñíamos, o doutor Hernández estaba cun dos seus experimentos culinarios e prestábase a servirllo o seu convidado, que resultou ser o veciño do andar inferior.

-¿Quéredes probar tamén vós?, díxonos case sen mirarnos, intuíndo que a resposta sería negativa. Como así foi. De seguido preparou un prato, colocou o que tiña na cazola preparado e serviulle-lo o comensal.

-E que tamén acaba de chegar de vacacións e traía fame, dixo mirando para nós.

-Está bó de carallo, comentou o convidado ó tempo que se levantaba. Foi cara o salón e colleu unha xaula. Mirou para ela sorprendido e dixo cara o doutor.

-¿E isto? ¿Qué pasou?
O doutor , coma se nada, insistiu no da comida. O home, intrigado, preguntoulle qué era.

A vista de todos de repente foise cara a xaula. Ó hamster faltábanlle as criadillas.

Te puede interesar