VUELTA AL MEDIEVO

A Feira Medieval duplica espectáculos e postos artesanais no Carballiño

Durante o 21, 22 e 23 haberá espectáculos de lume, cetrería e combate

A II Feira Medieval do Carballiño “A Liorta” duplicará o número de actividades de animación de rúa e de postos de mercado, de artesáns e de productos gastronómicos, que alcanzarán o centenar. Desenvolverase durante os días 21, 22 e 23 de xullo, entre a Praza da Veracruz e as rúas Curros Enríquez, Rosalía de Castro e Tomás María Mosquera. Este ano haberá algunhas interesante novidades como cetrería, combates medievais corpo a corpo, espectáculos circenses e de lume e música. Tamén se desenvolverán obradoiros de vidro, cestería e pedra e está previsto un concurso de traxes de época.

A feira ofrecerá, ademais, unha representación teatralizada do conflicto acaecido entre as parroquias de Mesego, Arcos e Partovia, correspondentes as xurisdicións medievais de Oseira, a Encomenda de Beade e San Martín Pinario, polos dereitos da feira do Carballiño, e que vai ser posta en escena polo grupo de teatro Tiruleque, o coro de musica de cámara, Música Viva, e integrantes de Aspadisi.

Os máis pequenos poderán disfrutar dun recuncho infantil e a vila estará engalanada con motivos medievais.

As actividades e espectáculos desenvolveranse en varios pases durante os tres días, rematando o domingo cunha sesión especial de despedida, cun espectáculo de lume e solta de faroliños na Praza da Veracruz.

En total, serán seis as compañías participantes: Circo Zido (Valencia), Cano Canyon (Madrid), Fire Dragons (Portugal), Los Gascones (Asturias), Falcóns Galicia e Hípica Celta, ademais dos grupos locais Tiruleque, Música Viva e Aspidisi. 

O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, e o responsable da empresa promotora Jacobus Medieval, Daniel Castaño.

Te puede interesar